Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2012/96-2, 8067 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: subestación dos Peares 132 kV, liña 132 kV (C.H. Os Peares III).

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

A ampliación consiste no equipamento completo dunha posición de liña 132 kV formada por aparellaxe convencional de exterior, para a evacuación futura da potencia xerada pola nova central hidráulica Os Peares 3, instálase a seguinte aparellaxe:

• 1 interruptor tripolar.

• 3 transformadores de intensidade, 300-600-1.200/1-1-1-1-1 A.

• 3 transformadores de tensión 132.000:V3-110:V3-110:V3.

• 1 seccionador rotativo tripolar de posta á terra de tres posicións: aberto, pechado e posta á terra, 1.250 A.

• 1 seccionador rotativo tripolar de barras.

• 1 seccionador pantógrafo tripolar de barras.

• 3 autoválvulas.

• 3 terminais unipolares para cable illado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 26 de decembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo