Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.
Domicilio social: r/ Miraflores, 20-B, 15840 Santa Comba.
Denominación: LMTS, Devesa-Catro Ventos.
Situación: Santa Comba.
Características técnicas: LMTS, coa orixe nunha cela que se vai instalar no centro de transformación e seccionamento existente CT Alvarín (expediente IN407A 124/2011) e rematará na liña de inicio da derivación Devesa, no apoio existente C 16/3000 correspondente ao nº 17 da liña de media tensión Santa Catalina Couto (expediente 27.949). A tensión nominal é de 20 kV, o tipo de condutor é RHZ1 2OL 12/20 KV 240 mm2 Al, cunha distancia de 488 m.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 3 de xaneiro de 2013
P.A.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas