Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2013 Páx. 1594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2012/110).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, nº 20, baixo,15840 Santa Comba.

Denominación: reguladores de tensión, centro de interconexión de SER.

Situación: concello de Santa Comba.

Características técnicas:

Centro de regulación en centro de interconexión de SER existente con número de expediente 377/2002 que contará con tres unidades de regulador de tensión VR-32 de Cooper Power Systems, con tensión nominal de 20 kV. Cunha carga de regulador de 200A/440 kVA. A súa disposición será en triángulo cerrado en rede trifásica e cunha regulación automática de tensión de ± 15 % en 32 etapas. Conexión en 20 kV coa rede de distribución no apoio existente da LMT Francos-Bouzas fase I (nº expediente 99.287).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 19 de decembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña