Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2013 Páx. 1592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a trámite de información pública o expediente para a aprobación do Plan de aproveitamento da anguía na bacía do río Tambre (zona de desembocadura).

De acordo co establecido no artigo 7 do Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía en augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, o Servizo Provincial de Conservación da Natureza da Coruña por petición da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, iniciou o expediente para a aprobación do Plan de aproveitamento da anguía na bacía do río Tambre (zona de desembocadura), coas seguintes características:

Artes de pesca: nasa tipo butrón con rede de malla non inferior a 14 mm medidos en diagonal e mollada.

Zonas de pesca: a zona comprendida entre a liña que une Punta Testal con Punta Requeixo e Pontenafonso.

Número de días previsto da actividade: o período de actividade será entre o 1 e o 28 de febreiro e do 1 o 31 de outubro de 2013. O número máximo de días previsto e de 175.

Horario de pesca: desde as 12.00 horas do luns ata as 12.00 horas do sábado. Cun máximo de 8 horas diarias de traballo.

Proposta do número de aparellos ou artes de pesca por persoa: o número de nasas máximo que se empregará é de 10 por persoa.

Cota de captura: un máximo de 15 kg/día.

Relación de membros da asociación participantes:

– José Martínez González. Embarcación Benigna 3ª CO-7-2015 (2 tripulantes).

– Jesús Suárez Rey. Embarcación Baña 3ª CO-7-2580 (2 tripulantes).

Sistema de rexistro de capturas: será mensual mediante parte que remitirá a Confraría de Pescadores de San Bartolomé.

Sistema de comercialización das capturas: as capturas serán comercializadas na lonxa mediante sistema de poxa pública ou empresas debidamente acreditadas.

O que se fai público para xeral coñecemento, e sinálase o prazo de quince días contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, para que as entidades e persoas que se consideren afectados poidan examinar o procedemento nas oficinas desta xefatura (Servizo Provincial de Conservación da Natureza), Edificio Administrativo Monelos, r/ Vicente Ferrer nº 2, 5ª pl. A Coruña, e informarse sobre as características do Plan de aproveitamento da anguía na bacía do río Tambre, e presentar durante o mesmo prazo as alegacións que poidan considerar convenientes ao respecto.

A Coruña, 19 de decembro de 2012

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña