Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2013 Páx. 1591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2012, do Servizo de Mobilidade de Lugo, pola que se somete a información pública o expediente de regularización da concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0193; XG-009.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de regularización da seguinte concesión:

– V-0193; XG-009 Lugo-Palas de Rei, con anexo.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Lugo (rolda da Muralla, nº 70-2º andar), efectuar as alegacións que coiden oportunas no prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 19 de novembro de 2012

María del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo