En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 16.1 do estatuto da Axencia Tributaria de Galicia, aprobado polo Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproba o seu estatuto, por proposta da conselleira de Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de xaneiro de dous mil trece,
Nomeo director da Axencia Tributaria de Galicia a Ulpiano Leandro Villanueva Rodríguez.
Santiago de Compostela, dezasete de xaneiro de dous mil trece
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda