Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2013 Páx. 1530

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Facenda

DECRETO 7/2013, do 17 de xaneiro, polo que se nomea directora xeral de Proxectos e Fondos Europeos a Ana María Cores González.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de xaneiro de dous mil trece,

Nomeo directora xeral de Proxectos e Fondos Europeos a Ana María Cores González.

Santiago de Compostela, dezasete de xaneiro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda