Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2013 Páx. 1532

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2013 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, imponlle a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no terceiro cuadrimestre do ano 2012 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2013

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no terceiro cuadrimestre do ano 2012

Convenio

Importe total do convenio (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Trabada para a reconstrución das pontes da Acernada, do Souto 1 e do Bizarro

95.423,16

3.9.2012

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Ferrol para o acceso ao Polígono de Bertón

1.275.000,00

7.9.2012

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Abegondo para a mellora da intersección no p.q. 7+700 da AC-542 (Mabegondo, Abegondo)

241.674,00

14.9.2012