Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1442

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nogueira de Ramuín

ANUNCIO de información pública relativo a un obradoiro de pezas de porcelana (expediente 352.12).

Solicitada a licenza de cualificación ambiental de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental por María Teresa Mozoncillo Barreiros e Miguel A. Monzoncillo Barreiros para un obradoiro de fabricación e decoración de pezas de porcelana (exp. 352.12), en San Miguel do Campo (paraxe das Dornas), tramítase neste Concello o expediente oportuno.

De acordo coa lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir o período de información pública durante un prazo de vinte días tal e como establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia (contando desde a última publicación) para que as persoas que estean afectadas dalgún xeito pola devandita actividade presenten as observacións que consideren pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Nogueira de Ramuín, 29 de novembro de 2012

José César Parente Pérez
Alcalde