Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1441

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2012 de anulación da licitación para adxudicar o servizo de limpeza de edificios públicos do concello da Guarda.

Mediante Decreto 693/2012, do 13 de novembro, acordouse a apertura do procedemento de adxudicación, aberto, de carácter ordinario para adxudicar a contratación do servizo de limpeza de edificios públicos do Concello da Guarda, que foi obxecto de publicación no BOP nº 232, do 3 de decembro de 2012, e no DOG nº 238, do 14 de decembro.

Detectados erros nos pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexían a contratación como consecuencia dos datos facilitados en relación co persoal que se vai subrogar, e tendo en conta que resulta necesaria a súa corrección, é necesaria a nova redacción dos pregos e a apertura dun novo procedemento

Resolvo:

1. Anular a licitación mediante procedemento de adxudicación, aberto, de carácter ordinario para adxudicar á contratación do servizo de limpeza de edificios públicos do Concello da Guarda, por térense detectados erros nos pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexían a contratación, polo que é necesaria a nova redacción destes e a apertura dun novo procedemento, deixando sen efecto os prazos para a presentación de ofertas.

2. Dispoñer a publicación da presente resolución nos boletíns correspondentes.

A Guarda, 19 de decembro de 2012

José Manuel Domínguez Freitas
Alcalde