Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1443

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil de Lugo

ANUNCIO de poxa pública de armas.

Ás 9.00 horas do próximo 25 de febreiro de 2013, terá lugar na Comandancia da Garda Civil de Lugo unha poxa de armas composta por 340 lotes, que serán expostos ao público do 18 ao 22 de febreiro de 2013, das 9.00 ás 13.00 horas, momento en que será entregado ao público a correspondente folla de condicións. A poxa será a prego pechado e o prazo de presentación rematará ás 13.00 horas do día 22 de febreiro de 2013.

Lugo, 8 de xaneiro de 2013

Gonzalo Borrás Formoso
Tenente coronel