Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de decembro de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador por infracción urbanística 107 C 2012/24-0, devolta polo órgano notificador por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III acordou, o 13 de novembro de 2012, incoar expediente sancionador por infracción urbanística a José Manuel González Balsa, como promotor das obras, e a Enma Balsa Prieto, como propietaria dos terreos, como presuntos responsables da comisión dunha infracción urbanística moi grave, consistente na construción dunha vivenda unifamiliar e dúas edificacións auxiliares no lugar de Caldeliñas, no camiño Veiga do Pobo, 29, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do devandito acordo, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación desta cédula, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que coiden pertinentes e, se é o caso, proporen proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2012

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística