Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída na solicitude de compatibilidade presentada por María Alicia Mansilla Pérez.

Con data do 11 de decembro de 2012 a conselleira de Facenda ditou resolución pola que se denega a solicitude de compatibilidade formulada por María Alicia Mansilla Pérez.

Intentada a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, polo que foi devolta polo dito servizo por non retirado tras os dous intentos en que consta ausente repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícalle a María Alicia Mansilla Pérez a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer a interesada recurso de resposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que teña o seu enderezo ou o de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados, en ambos os casos, a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública