Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1372

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2013 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados por este ente público no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2012 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega de Portos de Galicia

Portos de Galicia e Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa

Difusión no exterior das instalacións náuticas de lecer das cales é titular Portos de Galicia no ámbito de demarcación da Cámara de Vilagarcía de Arousa

3.9.2012

10.000 €

Portos de Galicia e Concello de Cangas

Auxilio e colaboración na vixilancia das instalacións do porto de Cangas no seu conxunto e a ordenación do tráfico na vía de acceso

1.10.2012

Non ten

Portos de Galicia, Augas de Galicia e Concello de Malpica

Execución e mantemento da EDAR de Malpica en terreos da zona de servizo do porto de Malpica, A Coruña

5.10.2012

Non ten

Portos de Galicia e a empresa Instalacións Fotovoltaicas Volfer, S.L.

Estudo e implantación, se procede, dunha estrutura de puntos de recarga de batería de coches eléctricos nos portos dependentes de Portos de Galicia

10.10.2012

Non ten

Portos de Galicia e COGAMI

Desenvolvemento de accións que melloren a accesibilidade das instalacións portuarias dependentes da Xunta de Galicia

16.10.2012

Non ten

Portos de Galicia e Club Náutico de Ribadeo

Actuacións en materia de eficiencia enerxética coa instalación de aeroxeradores minieólicos

25.10.2012

Non ten

Portos de Galicia e Concello de Burela

Mellora, conservación e mantemento do miradoiro e accesos da praia do Penoural no concello de Burela

22.11.2012

Non ten