Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1373

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2013 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

Para os efectos previstos no artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia no terceiro cuadrimestre do ano 2012 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº 1

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), GE Lighting/appliances España, S.A. e os concellos de Boiro, Taboada, Pontedeva e Nigrán, para a realización dun proxecto piloto de iluminación pública exterior en diversos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto: a execución dun proxecto piloto de iluminación exterior en diversos concellos logo de analizar e avaliar as diferentes localizacións e determinado o proxecto técnico, que se acomete coa finalidade de testar as distintas posibilidades de implantación e uso de lámpadas de haloxenuros metálicos cerámicos en luminarias de alto rendemento.

Sinatura: 2 de outubro de 2012.

Importe: 79.674,12 euros.

Nº 2

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), RAT Light Systems, S.L. e os concellos de Boqueixón, Arnoia e Moraña, para a realización dun proxecto piloto de iluminación pública exterior en diversos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto: a execución dun proxecto piloto de iluminación exterior en diversos concellos logo de analizar e avaliar as diferentes localizacións e determinado o proxecto técnico, que se acomete coa finalidade de testar as distintas posibilidades de implantación e uso de balastros electrónicos regulables.

Sinatura: 10 de outubro de 2012.

Importe: 58.003,68 euros.

Nº 3

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación de Pais a Favor de Persoas con Retraso Mental de Ourense (Aspanas) para a promoción da eficiencia enerxética no sector servizos.

Obxecto: levar a cabo a mellora das instalacións de iluminación do edificio de Aspanas no Val (Ourense) co fin de poder compensar e atenuar os custos enerxéticos que se orixinan.

Sinatura: 18 de outubro de 2012.

Importe: 5.000 euros.

Nº 4

Título: convenio-addenda V ao acordo marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a coordinación de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables.

Sinatura: 19 de outubro de 2012.

Importe: 400.000 euros.

Nº 5

Título: addenda I pola que se modifica o convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), GE Lighting/Appliances España, S.A. e os concellos de Boiro, Taboada, Pontedeva e Nigrán, para a realización dun proxecto piloto de iluminación pública exterior en diversos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto: actualizar o custo elixible dos equipamentos que se instalan atendendo á suba do IVE do 1 de setembro de 2012. Para que se execute o proxecto piloto acórdase que este incremento de custo vai ser asumido integramente polo Inega.

Sinatura: 22 de outubro de 2012.

Importe: 5.064,03 euros.

Nº 6

Título: addenda VIII ao acordo marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a coordinación de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables.

Obxecto: modificar o número 2 da cláusula quinta do convenio-addenda V ao acordo marco ampliando a data máxima de publicación da licitación ata o 30 de novembro de 2012.

Sinatura: 23 de outubro de 2012.

Importe: 0,00 euros.

Nº 7

Título: addenda ao acordo de coordinación entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e Augas de Galicia para a instalación dunha planta piloto de cultivo de microalgas na EDAR de Guillarei (Tui).

Obxecto: prorrogar o prazo de vixencia do convenio ata o día 30 de abril de 2013.

Sinatura: 6 de novembro de 2012.

Importe: 0,00 euros.

Nº 8

Título: addenda IX ao acordo marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a coordinación de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables.

Obxecto: modificar a cláusula primeira da addenda VIII pola que se modifica o número 2 da cláusula quinta do convenio-addenda V ao acordo marco, ampliando a data máxima de publicación da licitación ata o 31 de decembro de 2012.

Sinatura: 28 de novembro de 2012.

Importe: 0,00 euros.

Nº 9

Título: convenio de colaboración entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a coordinación de actuacións de aforro e eficiencia.

Obxecto: definir os mecanismos de colaboración entre o Inega e a Fegamp para levar a cabo actuacións do Plan de activación de empresas de servizos enerxéticos (Plan 2000 ESEs) co que se pretende conseguir un aforro de enerxía mediante a realización de medidas de aforro e eficiencia enerxética nas instalacións de iluminación exterior de dous concellos.

Sinatura: 21 de decembro de 2012.

Importe: 0,00 euros.