Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1368

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vaia realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Centro de Formación Ica, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Centro de Formación Ica, S.L.

3. Data:

Os días 24, 25 e 31 de xaneiro de 2013 e o día 1 de febreiro de 2013.

4. Lugar de realización:

Centro de Formación Ica, S.L.

Rúa Portela, nº 12, interior.

36205 Vigo.

Pontevedra.

5. Número de prazas:

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo o modelo do anexo I.

9. Programa:

Día 24.1.2013

16.00-18.15 h

Praguicidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación I.

18.15-21.15 h

Riscos para o home derivados do uso dos praguicidas. Lexislación II.

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

Praguicidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

Día 25.1.2013

16.00-18.15 h

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de praguicidas.

18.15-21.15 h

Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación.

Día 31.1.2013

16.00-18.15 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

18.15-21.15 h

Métodos químicos (ddd). Técnicas de aplicación de praguicidas. Desinfección ambiental: lexionela.

Día 1.2.2013

16.00-18.15 h

Preparación de disolucións de produtos. Exercicios prácticos. Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

18.15-21.15 h

Uso adecuado dos medios de protección persoal. Boas prácticas de almacenamento de praguicidas. Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2013

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Centro de Formación Ica, S.L.

Datas: os días 24, 25 e 31 de xaneiro de 2013 e o día 1 de febreiro de 2013.

Lugar de celebración do curso:

Centro de Formación Ica, S.L.

Rúa Portela, nº 12, interior.

36205 Vigo.

Pontevedra.

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: en horario das 16.00 ás 21.15 h.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Centro de Formación Ica, S.L., rúa Portela nº 12, interior (O Calvario), 36205 Vigo, Pontevedra, tel. 986 37 77 79, fax 986 26 53 00.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Alumno:–––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––

Enderezo:____________________________________ CP:________________

Localidade: _______________________Provincia:_______________________

Teléfono:_________________________ Fax:___________________________

Correo electrónico:________________________________________________

Empresa:_____________________________________CIF:_______________