Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as modificacións, disolucións e cancelacións das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das seguintes sociedades agrarias de transformación modificadas, disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 29 de abril de 1988, e inscritas no Rexistro de SAT de Galicia:

A) Constitucións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación O Recuncho, SAT nº 1416 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con domicilio social no lugar das Tabernas nº 1, San Vitoiro da Mezquita, Allariz (Ourense); obxecto social: explotación gandeira cunícola de produción de carne; capital social: 3.000 €; nº de socios: 3. A súa Xunta Reitora está composta por: José Luis Cid Núñez, presidente; Chantal Mireile Cid Ançay, secretaria, e Rafael Cid Ançay, como vogal.

B) Modificacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Casa Eduardo, SAT nº 1131 XUGA, na asemblea xeral do 4 de outubro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Anular a acta de asemblea do 3 de setembro de 2012, por omisión do cargo dun socio membro da Xunta Reitora.

2. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Eduardo Rodríguez Rodríguez, presidente; María del Carmen Muinelo Barja, secretaria; Beatriz Rodríguez Muinelo, tesoureira; Esther Rodríguez Muinelo e María del Carmen Rodríguez Muinelo, como vogais.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Xesbar, SAT nº 1411 XUGA, na asemblea xeral do 23 de abril de 2012, toma os seguintes acordos, que eleva a públicos mediante escritura do 24 de abril de 2012:

1. Ampliar o capital social por importe de 9.836,16 €, representados por 16 novos títulos de 614,76 €, pasando o capital total a ser de 364.552,68 €, representado por 593 títulos de 614,76 € cada un deles e distribuído entre os socios da seguinte forma:

Francisco Gómez Iglesias

109 títulos

67.008,84 € de capital social

Ricardo López Castiñeiras

66 títulos

40.574,16 € de capital social

Francisca Dubra Castro

66 títulos

40.574,16 € de capital social

José Bello Liste

80 títulos

49.180,80 € de capital social

María del Carmen Fariña Lamas

80 títulos

49.180,80 € de capital social

Pilar Mesías López

192 títulos

118.033,92 € de capital social

2. Modificación do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 364.552,68 € e estará representado por 593 títulos nominativos de 614,76 € cada un deles».

c) A Sociedade Agraria de Transformación A Tolda, SAT nº 1256 XUGA, na asemblea xeral do 22 de setembro de 2012, que ratifica a do 22 de xuño de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa por petición propia do socio Guillermo Barreira Folgueira, que transmite os títulos que ten entre José Llanes Rodríguez, Mª Ramona Ónega Veiga e Cecilia Llanes Ónega.

2. Aprobar a alta do novo socio José Barreira Llanes.

Como consecuencia das altas, baixas e a transmisión de títulos entre socios, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

José Llanes Rodríguez

47.000 títulos

47.000 € de capital social

Mª Ramona Ónega Veiga

47.000 títulos

47.000 € de capital social

Celia Llanes Onega

47.000 títulos

47.000 € de capital social

José Barreira Llanes

100 títulos

100 € de capital social

3. Modificación do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 141.100 € e estará representado por 141.100 títulos nominativos de 1 € cada un deles».

4. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: José Llanes Rodríguez, presidente; Cecilia Llanes Ónega, secretaria; José Barreira Llanes e Mª Ramona Ónega Veiga, como vogais.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Finca A Cheda, SAT nº 976 XUGA, na asemblea xeral do 16 de outubro de 2012, que ratifica a do 5 de xullo de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Redenominar o capital social por cambio do valor do título a 601 €, de forma que o capital social pase a ser de 234.390 €, representado por 390 títulos de 601 € cada un deles.

e) A Sociedade Agraria de Transformación Peteira, SAT nº 1338 XUGA, na asemblea xeral do 27 de setembro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Rectificar a acta da asemblea do 7 de xullo de 2012 e a escritura pública da dita acta.

2. Aprobar a transmisión de 3.896 títulos do socio Manuel Peteira Fernández entre o resto de socios a partes iguais, quedando cada socio cos seguintes títulos e capital social:

Serafín Peteira García

6.169 títulos

61.690 € de capital social

María Carmen Fernández Mouriz

6.169 títulos

61.690 € de capital social

Sonia Peteira Fernández

6.168 títulos

61.680 € de capital social

Manuel Peteira Fernández

974 títulos

9.740 € de capital social

3. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Serafín Peteira García, presidente; María del Carmen Fernández Mouriz, secretaria; Sonia Peteira Fernández e Manuel Peteira Fernández, como vogais.

f) A Sociedade Agraria de Transformación Finca Fonteboa, SAT nº 986 XUGA, na asemblea xeral do 1 de novembro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar o segundo e último desembolso ao capital social dos socios Leonor Calvo Castro, José María Lavandeira Castro e Raquel Sánchez Fernández.

2. Aprobar a incorporación como socio de Daniel Mella Ríos, a quen lle son transmitidos por parte do socio Juan Luis Mella Seoane 38 títulos e por parte da socia María Nieves Ríos Gendre outros 38 títulos, pasando o novo socio a ter un total de 76 títulos que representan un capital social de 45.676,76 €.

Como consecuencia da transmisión de títulos entre os socios, o capital social total non varía, quedando un importe de 627.454,44 €, representado por 1.044 títulos de 601,01 € cada un deles e distribuído entre os socios da seguinte forma:

José María Lavandeira Calvo

226 títulos

135.828,26 € de capital social

Juan Luis Mella Seoane

145 títulos

87.146,45 € de capital social

Daniel Mella Ríos

76 títulos

45.676,76 € de capital social

Raquel Sánchez Fernández

226 títulos

135.828,26 € de capital social

María Nieves Ríos Gendra

145 títulos

87.146,45 € de capital social

Leonor Calvo Castro

226 títulos

135.828,26 € de capital social

3. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora que pasa a estar composta por: José María Lavandeira Calvo, presidente; Juan Luis Mella Seoane, secretario; Daniel Mella Ríos, tesoureiro; Raquel Sánchez Fernández, María Nieves Ríos Gendra e Leonor Calvo Castro, como vogais.

4. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por seis membros.

g) A Sociedade Agraria de Transformación Casa Sande, SAT nº 1367 XUGA, na asemblea xeral do 8 de outubro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Ángel Méndez Martínez, presidente; Mª Carmen Martínez Pernas, secretaria, e Paulino Méndez Rico, como vogal.

h) A Sociedade Agraria de Transformación Paredes, SAT nº 1073 XUGA, na asemblea xeral do 3 de novembro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Isabel Ónega Iglesias, presidenta; Hortensio Ónega Murado, secretario; José Antonio García Teijeiro e Mª Manuela Iglesia Fernández, como vogais.

i) A Sociedade Agraria de Transformación Grolo, SAT nº 1138 XUGA, na asemblea xeral do 30 de setembro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora, que pasa a estar composta por Juan Carlos Galán Díaz, presidente; Mª Carmen Casanova Grandío, secretaria; Iván Galán Casanova, Sandra Galán Casanova e Eva Galán Casanova, como vogais.

j) A Sociedade Agraria de Transformación García Pico, SAT nº 1199 XUGA, na asemblea xeral do 22 de outubro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a redución do capital social da sociedade, nun importe de 71.400 €, o cal supón unha redución de 7.140 títulos de 10 € cada un deles.

Como consecuencia da redución de capital social, este queda distribuído da seguinte forma entre todos os socios:

Onésimo García Pico

1.063 títulos

10.630 € de capital social

Cristina Pena García

1.063 títulos

10.630 € de capital social

Domingo Pena Prieto

1.063 títulos

10.630 € de capital social

3. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 31.890 € e estará representado por 3.189 títulos nominativos de 10 € cada un deles».

k) A Sociedade Agraria de Transformación Casal-Vilar, SAT nº 921 XUGA, na asemblea xeral do 5 de outubro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Ampliar o capital social por importe de 26.444,44 €, representados por 44 novos títulos de 601,01 €, pasando o capital total a ser de 538.504,96 €, representado por 896 títulos de 601,01 € cada un deles e distribuído entre os socios da seguinte forma:

José Manuel Fernández Raviña

271 títulos

162.873,71 € de capital social

María Luisa Raviña Otero

25 títulos

15.025,25 € de capital social

Ramón Barreiro Alcobre

206 títulos

123.808,06 € de capital social

José Manuel Couto Regos

130 títulos

78.131,30 € de capital social

María Dolores Tejo Nande

129 títulos

77.530,29 € de capital social

David Sanín Giadas

64 títulos

38.464,64 € de capital social

Nieves Fontela Albor

71 títulos

42.671,71 € de capital social

2. Modificación do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 538.504,96 € e estará representado por 896 títulos nominativos de 601,01 € cada un deles».

l) A Sociedade Agraria de Transformación La Sobreira SAT nº 1062 XUGA, na asemblea xeral do 2 de novembro de 2012, que ratifica a do 18 de xuño de 2012 e a do 19 de xuño de 2012, toma os seguintes acordos:

Na acta da asemblea do 18 de xuño de 2012 tómanse como acordos:

1. Aprobar a alta do socio José Antonio Baqueiro Meijide, que achega ao capital social unha achega monetaria de 22.120,48 €, que son representados por 368 xustificantes nominativos de 60,11 €.

2. Renovar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por Ángel Baqueiro Meijide, presidente; Cristina Castro Pampín, secretaria; Ángel Baqueiro Carballo, Jacobo Baqueiro Meijide, Anna Castro Pampín e José Antonio Baqueiro Meijide, como vogais.

Na acta da asemblea do 19 de xuño de 2012 tómanse como acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria de Ángel Baqueiro Carballo, Jacobo Baqueiro Meijide e Anna Castro Pampín, que transmiten a totalidade dos seus títulos entre os restantes socios, de forma que o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Ángel Baqueiro Meijide

1.456 títulos

87.520,16 € de capital social

Cristina Castro Pampín

1.456 títulos

87.520,16 € de capital social

José Antonio Baqueiro Meijide

1.456 títulos

87.520,16 € de capital social

2. Renovar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por Ángel Baqueiro Meijide, presidente; Cristina Castro Pampín, secretaria, e José Antonio Baqueiro Meijide, como vogal.

Na acta da asemblea do 2 de novembro de 2012 tómase como acordo:

1. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 262.560,48 € e estará representado por 4.368 xustificantes nominativos de 60,11 € cada un deles».

m) A Sociedade Agraria de Transformación Os Agros, SAT nº 1395 XUGA, na asemblea xeral do 30 de outubro de 2012, que ratifica a escritura pública do 5 de setembro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a alta dos socios Pedro Ramos Gerpe e María Dorinda Castro Landeira, que achegan ao capital social uns bens inmobles valorados en 74.000 €, o que supón unha variación do capital social que pasa a ser de 605.000 €, representados por 605 xustificantes nominativos de 1.000 € cada un deles.

Como consecuencia da incorporación destes socios, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte maneira:

María Esteve Nieto

177 títulos

177.000 € de capital social

María Ramos Castro

177 títulos

177.000 € de capital social

Javier Lage Estévez

177 títulos

177.000 € de capital social

Pedro Ramos Gerpe

26 títulos

26.000 € de capital social

María Dorinda Castro Landeira

48 títulos

48.000 € de capital social

2. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 605.000 € e estará representado por 605 xustificantes nominativos de 1.000 € cada un deles».

3. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por cinco membros.

4. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: María Estévez Nieto, presidenta; María Ramos Castro, secretaria; Javier Lage Estévez, Pedro Ramos Gerpe e María Dorinda Castro Landeira, como vogais.

n) A Sociedade Agraria de Transformación Vila Alborés, SAT nº 1044 XUGA, na asemblea xeral do 25 de outubro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Miguel Alvite Iglesias, presidente; Lidia Hermelinda Alvite Bermúdez, secretaria; Abel Vázquez Blanco, Pablo Alvite Alvite e María Grille Sande, como vogais.

C) Disolucións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación San Julián, SAT nº 1103 XUGA, na asemblea xeral do 24 de setembro de 2012, que ratifica a do 30 de decembro de 2009, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a Comisión Liquidadora composta por: José Ramón Presas Bodaño, José Lamazares López e José Luis Doval López.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Agrícola da Ribeira, SAT nº 1362 XUGA, na asemblea xeral do 13 de setembro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a Comisión Liquidadora composta por: Pedro Yera Plaza, José Manuel Pin Fernández e Félix Yáñez García.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Camiño Real, SAT nº 1387 XUGA, na asemblea xeral do 31 de xaneiro de 2012, que ratifica a do 31 de marzo de 2010, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a Comisión Liquidadora composta por: Rita Gutiérrez García, Mª Teresa García Varela e Agustín Varela Rodríguez.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Souto, SAT nº 1093 XUGA, na asemblea xeral do 24 de outubro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a Comisión Liquidadora composta por: José Souto Caneda, Mª Isabel Santos Rivas e Pedro Souto Santos.

e) A Sociedade Agraria de Transformación Fafian, SAT nº 968 XUGA, na asemblea xeral do 29 de outubro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a Comisión Liquidadora composta por: José Manuel Valladares González, Javier López Amarante e José Valladares Eiriz.

f) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Arrieiro, SAT nº 1102 XUGA, na asemblea xeral do 8 de novembro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a Comisión Liquidadora composta por: Manuel Jesús Tarrío Reboredo, María Isabel Martínez Pérez e Fernando Tarrío Martínez.

D) Cancelacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación San Julián, SAT nº 1103 XUGA, na asemblea xeral do 24 de setembro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no Rexistro Xeral.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Agrícola da Ribeira, SAT nº 1362 XUGA, na asemblea xeral do 17 de setembro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no Rexistro Xeral.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Camiño Real, SAT nº 1387 XUGA, na asemblea xeral do 29 de outubro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no Rexistro Xeral.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Souto, SAT nº 1093 XUGA, na asemblea xeral do 30 de outubro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no Rexistro Xeral.

e) A Sociedade Agraria de Transformación Fafian, SAT nº 968 XUGA, na asemblea xeral do 5 de novembro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no Rexistro Xeral.

f) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Arrieiro, SAT nº 1102 XUGA, na asemblea xeral do 12 de novembro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no Rexistro Xeral.

g) A Sociedade Agraria de Transformación Casa de Fondón, SAT nº 786 XUGA, na asemblea xeral do 30 de setembro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no Rexistro Xeral.

h) A Sociedade Agraria de Transformación Pardeiro, SAT nº 1050 XUGA, na asemblea xeral do 30 de setembro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no Rexistro Xeral.

i) A Sociedade Agraria de Transformación O Formón, SAT nº 2293, na asemblea xeral do 1 de outubro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no Rexistro Xeral.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2012

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria