Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 26 de decembro de 2012 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, da subministración de noventa (90) vehículos, en réxime de alugamento, para os servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais durante trinta e seis meses durante os anos 2013, 2014, 2015 e 2016 (proposta 72/12-I), actuación cofinanciada polo Feader, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 75 %, eixe 2, medida 226 (expediente 36/2012).

Advertido erro no título da Resolución do 26 de decembro de 2012 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, da subministración de noventa (90) vehículos, en réxime de alugamento, para os servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais durante trinta e seis meses durante os anos 2013, 2014, 2015 e 2016 (proposta 72/12-I), actuación cofinanciada polo Feader, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 75 %, eixe 2, medida 226 (expediente 36/2012), publicada no Diario Oficial de Galicia número 5, do 8 de xaneiro de 2013, cómpre realizar a seguinte corrección:

Onde di: « programa operativo Feder Galicia 2007-2013», debe dicir: «programa operativo Feader Galicia 2007-2013».

Esta corrección non afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 9.a) da dita resolución.