Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2013 Páx. 1224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica CT de 400 kVA, instalación temporal da planta de formigón das obras do corredor norte de alta velocidade Madrid-Galicia, tramo Lubián-Ourense, subtramo túnel da Canda-Vilavella, no concello da Mezquita (expediente IN407A 2012/59-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hormigones Carral, S.L.

Domicilio social: rúa do Souto, nº 8, baixo, 15175 Carral, A Coruña.

Denominación: CT de 400 kVA, instalación temporal da planta de formigón das obras do corredor norte de alta velocidade Madrid-Galicia, tramo Lubián-Ourense, subtramo túnel da Canda-Vilavella.

Situación: Vilavella, A Mezquita.

Descricións técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor LA-56 de 7,5 m de lonxitude, con orixe no apoio da celosía existente C-2000/14 nº 185 da LMT propiedade de Unión Fenosa denominada SEB701 Mezquita, e remate no apoio proxectado HV-1000-13 (paso aerosubterráneo) que continúa en subterráneo 8 m con condutor RHZ1 3×(1×95 mm2) e que remata no CT proxectado de 400 kVA, R/T 15-20 KV/0,42 kV, sito no lugar de Vilavella, concello da Mezquita (Ourense).

Orzamento: 34.132,95 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 14 de decembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense