Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2013 Páx. 1226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 20 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se require documentación ás persoas solicitantes de diversos procedementos xestionados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59, 71.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día cos requirimentos de emenda ditados nos procedementos instados polos/as interesados/as, requírense para que no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto acheguen os documentos que se indican no anexo, e advírteselles que, de non facelo así, se producirán os efectos recollidos no citado anexo. No mesmo prazo antes sinalado e de acordo co previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, nº 9).

A Coruña, 20 de decembro de 2012

Luis A. Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº expte.

Concello

Documentación requirida

Efectos

Corral Prieto, Rosa María

32377341-B

776/X/12

A Coruña

Estado civil, pensión estranxeiro, conviventes

Desistido

Santalla Marín, Zeltia

47352151-G

284/I/12

A Coruña

Datos convivencia, residencia e cartilla bancaria

Desistido

Varela Varela, María Luz

76352573-W

464/I/12

Malpica de Bergantiños

Renda 2011 interesada

Desistido