Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2013 Páx. 1223

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Fene (expediente IN407A 174/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT Albardan.

Situación: concello de Fene.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,720 km, coa orixe en cela de liña do CT proxectado no expediente 112/11, LMTS, CT bombeo río Castro, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al) e final en entrada no CT Albardan.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400.230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de decembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña