Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1089

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2012 pola que se fan públicos, para os efectos do artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, os convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública no terceiro cuadrimestre do ano 2012 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

A Estrada, 18 de decembro de 2012

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Anualidade 2012

Academia Galega de Seguridade Pública

Concello de Vigo

Acadar acordo para a formación da Policía Local de Vigo a través da academia de formación da súa policía local

3.9.2012

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública

Deputación Provincial de Pontevedra

Acadar acordo para a formación dos membros dos corpos da policía local e bombeiros dos concellos da provincia de Pontevedra

5.9.2012

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública

Deputación Provincial de Ourense

Acadar acordo para a formación dos membros dos corpos da policía local e bombeiros dos concellos da provincia de Ourense

27.9.2012

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública

Deputación Provincial de Lugo

Acadar acordo para a formación da policía local e bombeiros dos concellos da provincia de Lugo

8.10.2012

Sen achega económica