Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1086

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2012, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión paritaria do IV convenio colectivo autonómico de pompas fúnebres, relativo á aprobación das táboas salariais para o ano 2013.

Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2013, que subscribiu a comisión paritaria do IV convenio colectivo autonómico de pompas fúnebres, na xuntanza do día 14 de decembro de 2012, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO
Acta da comisión paritaria do IV convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia

En Santiago de Compostela, ás dez trinta horas do día catorce de decembro de dous mil doce, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sita na rúa Algalia de Abaixo, 24, baixo, reúnense as persoas abaixo sinaladas, que forman parte da comisión paritaria do IV convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia.

Representación empresarial:

Fernando Ruíz Posse (Agesef).

José Luis Varela Tabarés (Agesef).

Pedro de Diego Olavarrieta (Agesef).

Eduardo José Martínez Torrado (Agesef).

José Becerra Vázquez (Fegaserfu).

Representación social:

Serafín Álvarez Seoane (UGT Galicia).

Miguel Ángel Soto García (UGT Galicia).

José Manuel Crespo García (Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia).

Adolfo Naya Fernández (CIG).

Logo do debate e análise das cuestións obxecto desta xuntanza polas representacións presentes nesta comisión, procede reflectir na acta o seguinte.

1. En primeiro lugar, apróbase o libro de rexistro de servizos prestado, que se achega como anexo 1 á presente acta, que entrará en vigor a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

2. En segundo lugar, procédese a aprobar as táboas salariais do ano 2013 conforme o disposto no artigo 19 do IV convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia, que quedan do seguinte xeito:

Táboa salarial 2013

Categorías

Salarios

Bruto anual

Xefe administrativo

21.158,65 €

Oficial 1ª administrativo

17.085,61 €

Oficial 2ª administrativo

16.103,02 €

Auxiliar administrativo

14.954,72 €

Funerario 1ª

17.085,61 €

Funerario 2ª

14.954,72 €

Funerario 3ª

13.907,89 €

Azafata

14.954,72 €

Mantemento e limpeza

13.907,89 €

3. Por último, os membros da comisión delegan no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicidade dos acordos reflectidos nesta acta ante a autoridade laboral competente.

Non tendo máis asuntos que tratar, remata a xuntanza ás doce horas do día sinalado no encabezamento, expídese para o efecto esta acta, que asinan, por duplicado exemplar, todos os asistentes en proba de conformidade.

missing image file
missing image file