Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1093

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 7 de xaneiro de 2013 pola que se outorgan nomeamentos de notarias e notarios para as notarías vacantes que se citan.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 15 de outubro de 2012 e resolto pola Resolución do 10 de decembro de 2012, de conformidade cos artigos 23 e 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, o Decreto da Xunta de Galicia 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as notarias e os notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Mónica Alba Castro, notaria de Redondela, para a notaría de Vigo.

Vicente Martorell García, notario de Carboneras, para a notaría de Ourense.

Manuel Fidalgo Paz, notario de Hornachos, para a notaría de Santiago de Compostela.

Santiago Botas Ramos, notario de Guitiriz, para a notaría de Monterroso.

José María Rilo Nieto, notario de Muros, para a notaría de Rianxo.