Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1094

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2013, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, polo que se fan públicos diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 8 de xaneiro de 2013, o tribunal nomeado pola Orde do 24 de outubro de 2012 (DOG núm. 208, do 31 de outubro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 25 de maio de 2012 (DOG núm. 103, do 31 de maio), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Desestimar na súa totalidade a reclamación presentada.

Segundo. Que de acordo co establecido na base II.1.1.1 da orde da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, e fixáronse en sesenta (60) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na mesma base.

Terceiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polos/polas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Cuarto. Que de acordo co disposto na base II.2.8 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2013

Sonia Lafont Sendino
Presidenta do tribunal