Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 21 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia na resolución de reclamación administrativa previa á vía xudicial civil.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Subdirección de Apoio Técnico-Xurídico (Servizo de Recursos e Reclamacións) da Consellería de Traballo e Benestar, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n,15781 Santiago de Compostela.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

Contra a dita resolución, que esgota a vía administrativa, cabe formular demanda ante o xulgado de primeira instancia competente, no prazo de dous meses desde a súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei de axuizamento civil, segundo a redacción dada pola Lei 54/2007, do 28 de decembro.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2012

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar

ANEXO

Nº de expediente: 2011/ 72.

Interesada: Ana María Varela Meizoso.

DNI: 32643347-E.

Acto obxecto de notificación: resolución desestimatoria de reclamación administrativa previa a vía xudicial civil.