Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se someten a información pública o proxecto modificado da planta de biomasa forestal AXB Verín-A Limia e o da liña de media tensión subterránea de interconexión, que se van instalar no polígono industrial de Pazos, concello de Verín (expedientes IN408A 2010/06-3 e IN407 2012/58-3, respectivamente).

1. Alcance da información pública.

Sométense a información pública as solicitudes presentada por Pablo María Fernández Castro, en representación da empresa Norvento Biomasa, S.L., CIF B-27350180, con domicilio para os efectos de notificacións na rúa Ribadeo nº 2, entresollado, 27002 Lugo, de autorización administrativa e aprobación do proxecto modificado de execución para: 1. Planta de xeración termoeléctica a partir de biomasa forestal primaria, que a dita empresa ten previsto instalar no polígono industrial de Pazos, concello de Verín (Ourense), logo da selección de proxectos autorizados pola Resolución da Consellería de Economía e Industria do 30 de abril de 2010 (DOG do 28 de xuño), que resolvía a Orde do 14 de novembro de 2008 do mesmo órgano, e do ditame da Consellería do Medio Rural e do Mar sobre a incidencia do cambio de localización do polígono industrial de Tamagos ao polígono industrial de Pazos; e 2. Liña eléctrica subterránea (LMT) de conexión da dita planta coa rede de distribución.

2. Finalidade, lexislación e equipamento básico: xeración de enerxía eléctrica para vertela á rede de distribución, a través da valorización de residuos forestais. Polo que respecta ao seu equipamento básico e á lexislación de aplicación, pódense consultar na resolución de información pública xa realizada para esta mesma planta na súa localización inicial, Acordo do 18 de novembro de 2010 desta xefatura territorial (DOG do 17 de decembro).

3. Características xerais:

– Potencia térmica central: 20 MW; potencia xerador: 5,6 MW; potencia consumida: 0,8 MW; potencia máx. inxectada á rede: 5 MW; horas equivalentes: 8.400; produción: 39.760 MWh/ano; dispoñibilidade: 96 %.

– Combustibles consumidos/ano: a) Restos forestais procedentes de actividades silvícolas e aproveitamentos madeireiros: (90 %) equivalente a 55.230 t h (material cunha humidade do 60 % en base seca); b) Biomasa de mato procedente de rozas en monte e limpeza de vías: (10 %) equivalente a 5.810 t h.

– Consumo de biomasa: 1.297 kg/MWh.

– LMT subterránea a 20 kV, de 1.020 m de lonxitude en condutor RHZ1-240 Al, baixo tubaxe formigonada, e cunha capacidade de transporte de 12,2 MW/f.d.p.=1, para interconexión da planta coa nova subestación de Verín que se está a equipar no polígono industrial de Pazos.

– Orzamento de execución material de ambos os proxectos: 10.561.710,06 euros.

4. Estudo ambiental. As medidas protectoras e correctoras figuran no proxecto presentado, mais deben observarse tamén aqueloutras impostas pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no seu informe do 23 de outubro de 2012, no cal se exime este proxecto do trámite de avaliación de impacto ambiental.

5. Alegacións. Os interesados e os seus representantes poden examinar os proxectos nas oficinas desta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez nº 1, 3º de Ourense, e no propio concello de Verín, e presentar, de ser o caso, as alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes, contado a partir da última publicación deste anuncio.

Ourense, 12 de decembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense