Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos de Cambados e Ribadumia (expediente IN407A 2012/279-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Mancomunidade do Salnés-Cambados.

Domicilio social: rúa Nova, nº 4. 36630 Cambados.

Denominación: LMTS de acometida ao CT da Edar de Ribadumia.

Situación: Cambados e Ribadumia.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 268 metros de lonxitude, con orixe no centro de seccionamento de Unión Fenosa Distribución (situado en Souto, Cambados) e final no centro de transformación que dará subministración á estación depuradora de augas residuais situada na Xunqueira, polígono 7, parcela 163, Ribadumia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 16 de novembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra