Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1004

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2013 pola que se fixan os feitos impoñibles e límites cuantitativos dos supostos en que o persoal funcionario da escala técnica de finanzas poderá realizar totalmente e ultimar as actuacións inspectoras en que interveña.

A Orde do 20 de decembro de 2012, da Consellería de Facenda, pola que se organiza e atribúen funcións á Inspección dos Tributos no ámbito de competencias da Área de Inspección Tributaria da Axencia Tributaria de Galicia, establece no seu artigo 2.2 que «Nas delegacións da Axencia Tributaria de Galicia poderán constituírse, por acordo do xefe de área de Inspección Tributaria, equipos de inspección formados polo número de funcionarios da escala técnica de finanzas que en cada caso se determine, designándose un deles como xefe de equipo, que poderán realizar totalmente e ultimar actuacións inspectoras subscribindo as actas correspondentes con respecto aos feitos impoñibles e límites cuantitativos que se establezan por resolución do director da Axencia Tributaria».

En consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro. Feitos impoñibles e límites cuantitativos polos que os técnicos de finanzas poderán realizar totalmente e ultimar actuacións inspectoras.

Os equipos de inspección formados por funcionarios da escala técnica de finanzas que en cada caso se determine, designándose un deles como xefe de equipo, poderán realizar totalmente e ultimar actuacións inspectoras subscribindo as actas correspondentes, agás nos seguintes supostos:

a) No imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, cando a base impoñible sexa superior a 1 millón de euros.

b) No imposto sobre sucesións e doazóns:

1º. Adquisición de bens a título sucesorio cando o ben hereditario sexa superior a 1 millón de euros.

2º. Adquisicións de bens e dereitos a título gratuíto e inter vivos cando a base impoñible sexa superior a 1 millón de euros.

c) Imposto sobre o patrimonio.

Segundo. Efectos.

Esta resolución terá efectos desde o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2013

Carlos Rodríguez Sánchez
Director en funcións da Axencia Tributaria de Galicia