Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2013 Páx. 973

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verea

ANUNCIO de información pública relativo a un edificio para bar tapería e servizos agrícolas.

Con data do 14 de xuño de 2012, Martín Otero Otero, veciño de Carballo, solicitou licenza para a construír un edificio con destino a bar-tapería e servizos agrícolas (compravenda e reparación), que se situará en Carballo.

O Concello está a tramitar o oportuno expediente de avaliación de incidencia ambiental, con relación á actividade de servizos agrícolas dedicada a reparación de maquinaria.

En cumprimento da lexislación vixente sobre avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir un período de información pública polo prazo de 20 días, mediante a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, exposición no taboleiro de anuncios do Concello e notificación persoal aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar de localización proposto, para que os posibles afectados poidan alegar o que consideren oportuno.

O prazo para a presentación de alegacións comezará a contarse a partir do día seguinte hábil ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Se o último día do prazo para a presentación de alegacións for inhábil ou sábado, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

As alegacións ou observacións presentaranse nas oficinas municipais das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, o expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en días hábiles, excepto sábados, no horario sinalado.

Verea, 18 de decembro de 2012

Juan Antonio Martínez González
Alcalde