Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2013 Páx. 974

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para venda de produtos fitosanitarios.

Miguel Ángel Galbán Castro, solicita desta Alcaldía licenza municipal para a actividade de venda de produtos fitosanitarios no lugar de Cunqueira, Vilanova de Arousa, cunha superficie de 280,37 m2.

De acordo co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de 2008, polo que se regula a valoración da incidencia ambiental, sométese a información pública durante o período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación– as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Vilanova de Arousa, 10 de decembro de 2012

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde