Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2013 Páx. 975

VI. Anuncios

b) Administración local

Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo

ANUNCIO de convocatoria para contratación dos servizos de arrendamento de dous inmobles, un para servizos sociais da terceira idade en Sanxenxo, con mobles incluídos, e outro para biblioteca municipal en Vilalonga.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexen a contratación dos servizos de arrendamento de dous inmobles, un para servizos sociais da 3ª idade en Sanxenxo, con mobles incluídos, e outro para biblioteca municipal en Vilalonga, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación dos servizos de arrendamento de dous inmobles, un para servizos sociais da 3ª idade en Sanxenxo, con mobles incluídos, e outro para biblioteca municipal en Vilalonga, en dous lotes.

2. Prezo de licitación e duración do contrato:

Lote A. Arrendamento dun local, con mobles incluídos, para destinalo a centro de servizos sociais da 3ª idade en Sanxenxo:

O orzamento máximo de licitación para o lote A por mes, sen incluír o IVE, é de 1.100,00 €, o IVE por mes ascende a 231,00 €, e o orzamento máximo de licitación para o lote A por mes, co IVE, é de 1.331,00 €.

Lote B. Arrendamento dun local para destinalo a biblioteca municipal en Vilalonga:

O orzamento máximo de licitación para o lote B por mes, sen incluír o IVE, é de 600,00 €, o IVE por mes ascende a 126,00 €, e o orzamento máximo de licitación para o lote B por mes, co IVE, é de 726,00 €.

A duración total do contrato será de dous anos para cada lote, con posibilidade de dúas prórrogas de un ano cada unha.

3. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

4. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados que será das 9.00 ás 13.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que, se o prazo rematar en festivo ou sábado, se ampliará ao día seguinte hábil que non sexa sábado.

5. Criterios de adxudicación: serán os determinados nas cláusulas 9 e 10 dos pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen esta contratación.

6. Mesa de contratación: constituirase segundo o establecido nas cláusulas 11ª, 12ª e 13ª dos pregos respectivos.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Garantías: provisoria non se precisa. Definitiva, 5 % do prezo de adxudicación excluído o IVE.

9. Entidade e información: Concello de Sanxenxo - Sección de Contratación. Tel. 986 72 00 75.

10. Documentación: recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es, perfil de contratante.

Sanxenxo, 28 de decembro de 2012

Catalina González Bea
Presidenta do Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo