Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2013 Páx. 977

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

ANUNCIO de adxudicación do expediente de contratación 2012000348.

1. Entidade adxudicadora: Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

2. Obxecto do contrato: auditoría financeira e verificación de existencias do ente público Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades, Televisión de Galicia, S.A. e Radiotelevisión Galicia, S.A., para os exercicios 2012 a 2014.

3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o remate dos traballos de auditoría do último exercicio que cómpre revisar.

4. Tramitación: ordinaria.

5. Procedemento: aberto.

6. Orzamento base de licitación: 135.000 euros, sen IVE.

7. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 27 de setembro de 2012.

8. Data de adxudicación: 5 de decembro de 2012.

9. Empresa adxudicataria: KPMG Auditores, S.L.

10. Importe de adxudicación: 105.000,00 euros, sen IVE.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2012

Miguel Rodríguez Barrio
Director xerente de Planificación e Administración Xeral
da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades