Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2013 Páx. 978

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

La Iglesia, Sociedade Cooperativa Galega

ANUNCIO de aprobación do balance final de disolución e liquidación simultánea e do proxecto de distribución do activo.

La Iglesia, Sociedad Cooperativa Galega comunica que na asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o día 11 de decembro, cumprindo todos os requisitos legais e estatutarios, se aprobou por unanimidade o seguinte balance de disolución e liquidación simultánea:

Activo:

Inmobilizado (maquinaria):

(6 máquinas de coser marca PFAFF) 9.303,00 euros.

Tesouraría: 795,00 euros.

Pasivo:

Capital e reservas repartibles: 9.838,14 euros.

Reserva legal, fondo de educación, formación e promoción: 259,86 euros.

Así como o seguinte proxecto de distribución do activo:

Reintegro da reserva legal e do fondo de educación, formación e promoción ao Consello Galego de Cooperativas: 259,86 euros.

Adxudicación dunha máquina de coser marca PFAFF e adxudicación de 89,19 euros da tesouraría dispoñibles a cada unha das seis socias da cooperativa. Valor de cada adxudicación: 1.639,69 euros.

Calo-Teo, 11 de decembro de 2012

María del Carmen Salteiro González
Mercedes Marta Grobas Gallego
Susana Vázquez Franco
Liquidadoras
Rubricado