Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2013 Páx. 971

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de convocatoria para contratación do servizo de arrendamento dun inmoble, con mobles incluídos, para centro cultural en Vilalonga.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexen a contratación do servizo de arrendamento dun inmoble, con mobles incluídos, para centro cultural en Vilalonga, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación do servizo de arrendamento dun inmoble, con mobles incluídos, para centro cultural en Vilalonga.

2. Prezo de licitación e duración do contrato: o orzamento máximo de licitación por mes, sen incluír o imposto sobre o valor engadido, é de 900,00 €, o IVE por mes ascende a 189,00 €, e o orzamento máximo de licitación por mes, co IVE, é de 1.089,00 €.

O prazo de duración do contrato será de catro anos.

3. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

4. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados, que será das 9.00 ás 13.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días contado desde o seguinte ao de publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que, se o prazo rematar en festivo ou sábado, se ampliará ata o día seguinte hábil que non sexa sábado.

5. Criterios de adxudicación: serán os determinados nas cláusulas 9ª e 10ª dos pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen esta contratación.

6. Mesa de contratación: constituirase conforme o disposto nas cláusulas 11ª, 12ª e 13ª dos pregos respectivos.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Garantías: provisoria non se exixe. Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación excluído o IVE.

9. Entidade e información: Concello de Sanxenxo, Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75.

10. Documentación: recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web
www.sanxenxo.es, perfil de contratante.

Sanxenxo, 28 de decembro de 2012

Catalina González Bea
Alcaldesa