Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2013 Páx. 947

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (489/2010).

María Mercedes Pena Moreira, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 489/10, deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen Rey Pedrouzo, contra as empresas Vázquez Carollo, S.L., Panadería Pablo, S.L. e Churume, S.L., sobre cantidade, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Carmen Rey Pedrouzo fronte ás mercantís Vázquez Carollo, S.L., Panadería Pablo, S.L. e Churume, S.L., fronte aos seus administradores concursais Beatriz Borrajo Dios, Jorge Borrajo Dios, José Luis Vázquez Marzoa e Isabel María Castro Santos, e fronte ao Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno solidariamente as mercantís Vázquez Carollo, S.L., Panadería Pablo, S.L. e Churume, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 3.421,38 euros, cantidade que deberá ser incrementada co 10 % de xuro por demora no pagamento, debendo responder desta os administradores concursais, unicamente na dita condición.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Vázquez Carollo S.L., Panadería Pablo, S.L. e Churume, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2012

A secretaria xudicial