Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2013 Páx. 946

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (75/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 75/2011, por instancia de Hugo Armada Villar contra a empresa Media Digital Press, S.L. sobre cantidade, nos cales se foi ditada a sentenza na data 11.12.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estimar a demanda interposta por Hugo Armada Villar fronte a Media Digital Press, S.L. con intervención do Fogasa e, en consecuencia:

– Condenar a empresa Media Digital Press, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de mil seiscentos oitenta e seis euros con sesenta e catro céntimos de euro (1.686,64 euros).

Notifíquese a resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Media Digital Press, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de decembro de 2012

O secretario xudicial