Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2013 Páx. 949

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (484-10).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento nº 484-10, deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Abraldes Campos, contra a empresa Vázquez Carollo, S.L., Panadería Pablo, S.L., Churume, S.L., Beatriz Borrajo Dios, Jorge Borrajo Dios, sobre cantidade, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Antonio Abraldes Campos contra as mercantís Vázquez Carollo, S.L., Panadería Pablo, S.L. e Churume, S.L., contra os seus administradores concursais Beatriz Borrajo Dios e Jorge Borrajo Dios, e contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, condeno solidariamente as mercantís Vázquez Carollo, S.L., Panadería Pablo, S.L. e Churume, S.L. a aboaren ao demandante a cantidade de 5.321,81 euros, cantidade que deberá ser incrementada co 10 % de xuro por demora no pagamento, e da cal deberán responder os administradores concursais unicamente nesta condición.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.»

E para que sirva de notificacion en legal forma a Vázquez Carollo, S.L., Panadería Pablo, S.L. e Churume, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2012

A secretaria xudicial