Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2013 Páx. 925

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de persoal licenciado sanitario xefe da Sección de Medicina Interna do Hospital do Salnés.

Unha vez convocada pola Resolución 11/2011, do 1 de xullo (Diario Oficial de Galicia nº 157, do 18 de agosto), a provisión do posto de persoal licenciado sanitario xefe/a da Sección de Medicina Interna do Hospital do Salnés, esta xerencia, de conformidade coas competencias atribuídas na Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 139, do 20 de xullo),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de persoal licenciado sanitario xefe/a da Sección de Medicina Interna do Hospital do Salnés, convocado pola Resolución 11/2011, do 1 de xullo (Diario Oficial de Galicia nº 157, do 18 de agosto).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base novena da convocatoria, a candidata nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. A aspirante nomeada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá de efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibindo os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde de confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarada nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderá interporse recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vilagarcía de Arousa, 30 de outubro de 2012

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Posto: xefe/a da Sección de Medicina Interna.

Nome e apelidos: Silvia Pérez Fernández.

DNI: 36143282-R.