Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2013 Páx. 924

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2013 pola que se establece a data, a hora e o lugar para a realización do sorteo público ao que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo, con anterioridade á convocatoria dos procesos de selección que deriven da oferta de emprego público e con validez para todas elas, a consellería competente en materia de función pública determinará, mediante un único sorteo público, celebrado logo de anuncio no Diario Oficial de Galicia, a orde de actuación dos aspirantes en todas as probas selectivas de ingreso que se celebren durante o ano. O resultado deste sorteo deberá recollerse en cada convocatoria.

De conformidade co dito artigo, co obxecto de determinar a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2013, esta consellería

resolve:

Realizar en acto público o sorteo referido no parágrafo primeiro o día 15 de xaneiro de 2013 ás 10.00 horas no salón de actos número 2 (pequeno) da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda