Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2013 Páx. 914

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 2 de xaneiro de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Facenda.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo que se detallan no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os funcionarios ou funcionarias que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan.

Terceiro. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), nos departamentos territoriais da Consellería de Facenda ou nas oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán achegar coa petición un currículo e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada dos documentos acreditativos, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto. No caso de resultar seleccionado para ocupar o posto de traballo persoal funcionario doutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, que se considerará neste sentido de non emitirse no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez autorizado o seu traslado a esta Administración, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no DOG e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade que o novo, ou dun mes de tratarse de distinta localidade ou se comporta o reingreso ao servizo activo, prazo que se computará desde o día seguinte ao do cesamento, que se efectuará dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da orde resolución no DOG. No caso de reingreso ao servizo activo comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Contra a esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO I

Denominación: Xefatura do Departamento de Auditoría e Calidade.

Código do posto: FC.A02.00.000.15770.055.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: A9.1/A9.4.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: Xefatura do Departamento de Análise da Información.

Código do posto: FC.A02.00.000.15770.060.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: A9.1/A9.4.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: Xefatura do Departamento de Recursos Humanos e Réxime Interior.

Código do posto: FC.A02.00.000.15770.065.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: xeral/ A9.1/A9.4.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Formación específica: (069) experiencia de xestión de persoal (mérito).

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: Xefatura do Departamento de Xestión Económico-Financeira, Orzamentaria e Contable.

Código do posto: FC.A02.00.000.15770.070.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: xeral/ A9.1/A9.4.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Formación específica: (158) experiencia en xestión orzamentaria e contratación administrativa (3 anos) (R.I.).

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: inspector/a xefe/a adxunto/a.

Código do posto: FC.A02.00.001.15770.005.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: A9.1/A9.4.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: inspector/a xefe/a adxunto/a.

Código do posto: FC.A02.00.001.15770.008.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: A9.1/A9.4.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: inspector/a xefe/a adxunto/a.

Código do posto: FC.A02.00.001.15770.011.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: A9.1/A9.4.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: Xefatura do Departamento de Tributos de Xestión Centralizada.

Código do posto: FC.A02.00.002.15770.005.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: A9.1/A9.4.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: Xefatura da Área de Colaboración Social, Información e Asistencia.

Código do posto: FC.A02.00.003.15770.001.

Nivel: 30.

Complemento específico: 21.029,54 €.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: A9.1.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: Xefatura do Departamento de Central de Estudos, Información e Asistencia.

Código do posto: FC.A02.00.003.15770.005.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: A9.1/A9.4.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: Xefatura do Departamento de Colaboración Social e Administrativa.

Código do posto: FC.A02.00.003.15770.030.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: A9.1/A9.4.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: Xefatura do Departamento de Información e Asistencia.

Código do posto: FC.A29.10.000.15001.140.

Nivel: 28.

Complemento específico: 14.604,66 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: A9.1/A9.4.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia (Delegación da Coruña).

Localidade: A Coruña.

Denominación: Xefatura do Departamento de Información e Asistencia.

Código do posto: FC.A29.10.000.27001.090.

Nivel: 28.

Complemento específico: 14.604,66 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: A9.1/A9.4.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia (Delegación de Lugo).

Localidade: Lugo.

Denominación: Xefatura do Departamento de Información e Asistencia.

Código do posto: FC.A29.10.000.32001.115.

Nivel: 28.

Complemento específico: 14.604,66 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: A9.1/A9.4.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia (Delegación de Ourense).

Localidade: Ourense.

Denominación: Xefatura do Departamento de Información e Asistencia.

Código do posto: FC.A29.10.000.36001.105.

Nivel: 28.

Complemento específico: 14.604,66 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: A9.1/A9.4.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia (Delegación de Pontevedra).

Localidade: Pontevedra.

Denominación: Xefatura do Departamento de Xestión Tributaria.

Código do posto: FC.A29.10.000.36001.080.

Nivel: 28.

Complemento específico: 14.604,66 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: A9.1/A9.4.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia (Delegación de Pontevedra).

Localidade: Pontevedra.

Denominación: delegado/a.

Código do posto: FC.A29.10.000.36560.001.

Nivel: 28.

Complemento específico: 18.812,64 €.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: A9.1.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia (Delegación de Vigo).

Localidade: Vigo.

Denominación: Xefatura do Departamento de Información e Asistencia.

Código do posto: FC.A29.10.000.36560.200.

Nivel: 28.

Complemento específico: 14.604,66 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: A9.1/A9.4.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia (Delegación de Vigo).

Localidade: Vigo.

missing image file
missing image file