Mediante a Resolución do 9 de decembro de 2009 (DOG núm. 251, do 28 de decembro) convocouse para a súa provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, un posto vacante de xefe/a do Servizo de Neuroloxía.
A Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 106, do 5 de xuño), establece no artigo 8 que, en caso de que ningún dos aspirantes acade quince puntos na avaliación do proxecto técnico de xestión da unidade, a Comisión de Avaliación poderalle propoñer á Xerencia que se declare deserta a convocatoria.
O día 24 de outubro de 2012 tivo lugar a defensa do proxecto técnico de xestión pola aspirante, sen que acadase a citada puntuación, polo que a Comisión acordou propoñer que se declarase deserta a convocatoria.
Esta Xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde; na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG núm. 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,
ACORDA:
Declarar deserto o posto convocado na citada convocatoria.
Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Ourense, 4 de decembro de 2012
Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras