Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 725

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1042/2010).

Número de autos: procedimiento ordinario 1042/2010.

Demandantes: Jesús Boado García, Juan Antonio Rivas Regal, José Astray Rodríguez, Víctor Amil López.

Demandada: Aplistone, S.L.

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1042/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Boado García, Juan Antonio Rivas Regal, José Astray Rodríguez, Víctor Amil López contra a empresa Aplistone, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña, 10 de decembro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Jesús Boado García, Juan Antonio Rivas Regal, José Astray Rodríguez, Víctor Amil López, que comparecen asistidos da letrada Zaida Pérez López, e doutra como demandado Aplistone, S.L., que non comparece.

Decido que estimando a demanda formulada por Juan Antonio Rivas Regal, Víctor Amil López, Jesús Boado García e José Astray Rodríguez contra a empresa Aplistone, S.L. condeno esta a aboarlles a Juan Antonio Rivas Regal e a Víctor Amil López a cantidade de 4.519,45 euros a cada un e a Jesús Boado García e a José Astray Rodríguez a cantidade de 4.850,40 euros cada un, que lles debe en concepto de salarios cos xuros conforme o artigo 29.3 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 1042 10, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 1042 10, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Aplistone, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de decembro de 2012

O secretario xudicial