Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 691

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública relativo a unha área de servizo (expediente 264/12).

Juan Carlos Tomé González solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dunha área de servizo na estrada N-640, p.q. 88,600, marxe dereita.

Cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, co fin de que durante este prazo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Lugo, 15 de novembro de 2012

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo