Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 689

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de licitación para a contratación do servizo de telefonía móbil, fixa e conexións de datos do Concello.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello do Carballiño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Facturas.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Concello do Carballiño.

2) Domicilio: Praza Maior, 1.

3) Localidade e código postal: O Carballiño, 32500.

4) Teléfono: 988 53 00 07.

5) Telefax: 988 53 00 08.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato suxeito a procedemento aberto.

b) Descrición: contrato de servizos para a realización dos traballos de telefonía móbil, fixa e conexións de datos do Concello do Carballiño.

c) Prazo de execución/entrega: 2 anos prorrogables por 2 anos.

d) Tramitación: ordinaria.

e) Procedemento: aberto.

3. Orzamento base de licitación:

Importe total (2 anos): 115.702,48 €, máis o 21 % de IVE, que ascende á cantidade de 24.297,52 €, o que fai un total de 140.000,00 €.

4. Garantías exixidas. Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

5. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): V, 4, b.

6. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: 15 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no DOG ou no perfil do contratante do Concello do Carballiño.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral de Entrada de documentación do Concello do Carballiño ou por calquera dos medios que se establecen no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

c) Admisión de variantes: admítense melloras ofertadas polo contratista.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a oferta: 2 meses.

7. Apertura de ofertas: Concello do Carballiño.

a) Data e hora: o segundo día natural a aquel en que remate o prazo sinalado para a presentación de proposicións ás 10.00 horas.

8. Gastos de publicidade: a cargo do adxudicatario.

O Carballiño, 14 de decembro de 2012

Argimiro Marnotes Fernández
Alcalde