Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 692

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Sarria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: contratación.

2. Domicilio: rúa Maior, 14.

3. Localidade e código postal: 27600 Sarria.

4. Teléfono 982 53 50 00.

5. Telefax 982 53 09 16.

6. Correo electrónico: contratacion@sarria.es

7. Enderezo da internet do perfil de contratante:

www. contratosdegalicia.es/ ou www.sarria.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: predio rústico designado co nº 21 do Plano xeral de concentracion parcelaria de Maside destinado a secaño, situado na parroquia de Maside, que linda: norte, con predio 2-27 de Emilio López López; sur, con predio 2-22 de Alfredo de la Vega Casanova; leste, con camiño; oeste, con predio nº 2-23 de Emilio López López; e cunha extensión superficial de 7 áreas e 71 centiáreas e que é indivisible conforme a lexislación vixente.

b) División por lotes e número de lotes/unidades: non.

c) Lugar de execución: concello de Sarria.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: o único criterio de adxudicación é o prezo. Adxudicarase á empresa que oferte o prezo máis alto.

4. Orzamento base de licitación.

a) 2.545,92 euros.

5. Garantías exixidas. Para optar á adquisición, de acordo co artigo 137.6 da LPAP, o interesado deberá constituír unha garantía equivalente ao 25 % do tipo de licitación, o que en ningún caso lle outorgará dereito ningún na venda, se esta non chegar a efectuarse.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditaranse conforme o estipulado no número 8ª do prego de cláusulas.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Presentación de proposicións: no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte á derradeira publicación no Boletín Oficial da provincia de Lugo, DOG e no perfil do contratante.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: no Rexistro Xeral do Concello de Sarria das 9.00 ás 14.00 horas.

2. Domicilio: rúa Maior, 14, 1ª planta.

3. Localidade e código postal: 27600 Sarria.

c) Admisión de variante: non.

8. Apertura de documentación administrativa.

a) Data e hora: a apertura das proposicións económicas e técnicas será comunicada a través do perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: son de conta do contratista todos os gastos derivados da publicación da licitación que o órgano de contratación decida realizar en boletíns oficiais (artigo 67.2.g) RX), así como os de elevación a escritura pública do contrato e os dos impostos que procedan. O adxudicatario deberá ter acreditado o aboamento dos referidos gastos antes da escritura pública .

Sarria, 4 de decembro de 2012

José Antonio García López
Alcalde