Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Laxe (expediente IN407A 94/2012).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación que a seguir se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: LMTS, CTC lugar das Melgueiras.

Situación: concello de Laxe.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,111 km, coa orixe no paso aéreo-subterráneo que se vai instalar no apoio nº 12 da LMT VIM-803, situado no tramo entre a derivada ao CT Cernado (expediente 34.835) e a derivada ao CT Traba de Laxe (expediente 33.683), e final no CT proxectado, con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) mm² Al.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña