Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2012/007).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: Miraflores, 20, baixo, 15840 Santa Comba (A Coruña).

Denominación: LMTS derivación á depuradora de Santa Comba.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a 20 kV, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 1×95 mm2 Al, cunha lonxitude de 853 m, con inicio no paso aéreo-subterráneo que se vai instalar no apoio proxectado nº 7 tipo C-18/2000 (coordenadas UTM X: 514.003,7; Y: 4.764.339,2) na LMT Santa Cataliña a CTI Couto (expte. 27.949), e final no centro de transformación de estación depuradora de augas residuais de Santa Comba (coordenadas UTM X: 531.278,6; Y: 4.764.660,3), obxecto de proxecto independente.

Liña de media tensión aérea a 20 kV, cun van destensado de lonxitude 26,47 m, en condutor PAS-50, con orixe no apoio proxectado nº 7 da LMT Santa Cataliña a CTI Couto (expte. 27.949) e final no CT Guisande situado sobre pórtico existente (expte. IN407A 2010/193).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 27 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña