Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica LMT ao CT A Barxa, no concello de Parada de Sil (expediente IN407A 2012/69-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT ao CT A Barxa.

Situación: Parada de Sil.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV de 34 m, con condutor LA-56 e orixe na LMT REG803 ao CT Poboado de Fenosa (32C536) e remate no CT proxectado intemperie sobre poste de formigón, A Barxa, de 100 kVA e R/T 20.000-400-230 V.

Orzamento: 18.243,75 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 4 de decembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense