Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica da subestación San Cibrao 132 kV-liña Galfor 132 e acoplamento lonxitudinal no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2012/70-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: subestación San Cibrao 132 kV-liña Galfor 132 e acoplamento lonxitudinal.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Descricións técnicas:

Ampliación das barras do parque de 132 kV para habilitar con isto catro novas rúas. Nunha destas conectarase a posición para a liña Galfor 132 kV, que non é obxecto deste proxecto, polo que o parque de 132 kV queda configurado en simple barra partida, coa instalación dunha nova posición para medida de barras. As posicións que se trasladan son a do transformador T-III e a liña Saceda, que, ademais, cambia para tecnoloxía híbrida ( módulos blindados en SF6 de exterior) no canto da convencional.

Orzamento: 1.158.529,00 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 4 de decembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense